tag:blogger.com,1999:blog-3263444975264207752024-02-20T09:16:11.572-08:00Camiño do Cantabrico: Praia das Catedrais - MañentePaso Miudohttp://www.blogger.com/profile/15077077421102271672noreply@blogger.comBlogger1125tag:blogger.com,1999:blog-326344497526420775.post-67239443898378453752023-03-12T23:00:00.002-07:002023-03-13T23:21:14.567-07:00Cronica
Outro domingo mais os de Paso Miúdo seguimos coa segunda etapa do Camiño do Cantábrico dende a praia das Catedrais e tras algo máis de 15 km chegamos a Mañente no Concello de Foz.

Comezamolo camiño, nunha pasarela de madeira que avanza paralela a estrada ata a praia de Arealonga, dende aqui seguimos por unha aceira pavimentada entre la propia praia e a estrada, esta larga e extensa praia posúe nos seus tramos de maior anchura comunidades vexetais costeiras con valor botánico.

Logo de pasar a desembocadura do Rego do Forcón, seguímolo camiño por unha senda de lousa que transita polo borde do acantilando ata chegar a Punta do Castro onde se poden observar os vestixios do poboado fortificado localizado nesta pequena península do mar Cantábrico.

Avanzando no noso camiño pasamos a pequena praia de As Pasadas, Punta Corveira, praia de Lóngara praia Fontela, e chegamos ata a praia de Coto onde facemos un alto no camiño para visitar unha tumba antropomorfa da época medieval, a tumba ten unhas dimensións de 1,60 metros de largo e entre 40 e 50 centímetros de ancho con orientación oeste-leste, como si "o defunto mirase cara a saída do sol".moi común en enterramentos Medievais, outro dato é que esta asentada a novecentos metros da capela de San Bartolo, de forma que, "probablemente exista entre ambas algunha relación".

Seguimos o noso camiño deixando atrás o Acantilado de Remior, chegando a la praia de San Bartolo,desde onde podemos divisar Foz a outro lado da ría. Logo de abandonar as praias seguimos o camiño por monte de pinos e eucaliptos paralelo a ría compartindo a Ruta da Lagoa de Pallares (Lagoa dos patos) unha antiga canteira que hoxe en día está naturalizada.

Unha vez cruzado a ría por unha pasarela de madeira e seguir paralelo a estrada subimos ata Mañente que é onde remataremos esta ruta.

Para a proxima ruta iremos dende aquí ata a parroquia de Nois tamén no Concello de Foz

Powered by Wikiloc
Paso Miudohttp://www.blogger.com/profile/15077077421102271672noreply@blogger.com0